Coñecendo aos malos do Asalto cun novo vídeo da Cherinkas

Xa lle botamos un ollo ao programa dos 4 días de Festa, pero hoxe seguimos coa campaña audiovisual de promoción que artella o Teatro du Cherinkas.

O novo video promocional do XVI Asalto ao Castelo de Vimianzo conta hoxe con Muchachada Nui e La Hora Chanante como referencias clarísimas, intentando amosar o lado máis humano e particular deses personaxes tan odiados nesta festa como son os Defensores da fortaleza soneirán.
Hoxe coñecemos ao Defensor nº13, que leva protagonizando profesións, todas elas senporsen honradas: tertuliano, mercenario, concelleiro de urbanismo...

CONOSIDOS: Defensor nº13.

Máis información

Novas relacionadas

Outras novas festivaleiras

Novas e vídeos do Asalto

Fonte