Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Asalto busca heroes, artesáns e pinchos irmandiños

O Asalto busca heroes, artesáns e pinchos irmandiños

Completa a búsqueda que están a realizar os organizadores do Asalto ao Castelo de Vimianzo. De cara ao festón do 2 de xullo, as asociacións Cherinkas e Axvalso necesitan actores, necesitan artesáns e necesitan pinchos!

Reunión do Pincho Irmandiño

Continúa en marcha o Asalto ao Castelo de Vimianzo. E canda el celebraranse a I Feira Artesanal (para a que seguen buscando artesáns da zona) e as IV Xornadas do Pincho Irmandiño.

O vindeiro xoves 19 de maio celebrase unha reunión arredor das Xornadas do Pincho no Salón Caribe vimiancés para ir tratando os aspectos.

Feira Artesanal

Como novidade este ano, no marco do asalto, organízase unha feira de artesanía durante a xornada do sábado 2 de xullo.

Os interesados en participar deberán descargar o modelo de solicitude (.doc), cubrilo e mandalo ao enderezo [email protected].

Casting

Este próximo sábado (21/05/2011) ás 20:00h terá lugar na Casa da Cultura de Vimianzo, o segundo CASTING para a representación teatral do Asalto. Se queredes formar parte do elenco de actores e vivir a festa desde dentro, deberedes asistir. Aínda faltan por atopar 5 actores principais, 1 verdugo e 12 gardas do Castelo. ë unha grande oportunidade de vivir a festa dende o seu corazón.

Trailer do XVI Asalto ao Castelo de Vimianzo

Máis información

Novas relacionadas

Novas e vídeos do Asalto

Fonte

Comentarios