Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Festival ConVdeValarés asina coa Axenda SON da Estrella Galicia e completa o cartel

O Festival ConVdeValarés asina coa Axenda SON da Estrella Galicia e completa o cartel
O Festival Con V de Valarés continúa dando pasos para confirmarse como unha das referencias do verán festivaleiro galego. A Axenda Sonora da Costa da Morte terá unha cita singular na praia pontecesá o vindeiro 25 de xuño, e pouco a pouco imos coñecendo o espectacular cartel. I é que o Colectivo Con V de Valares vén de asinar un convenio de colaboración con Hijos de Rivera. A Estrella Galicia será a cervexa oficial do festival, que pasa formar parte da presente edición na Axenda SON Estrella Galicia, un enorme escaparate para seguir crecendo.

O Cartel

O que tamén crece é o cartel. E repasando as bandas que pasarán por Valarés podemos asegurar que a festa está asegurada. E a vangarda, xa que as bandas que chegan son realmente rompedoras. Xa fumos coñecendo os primeiros artistas invitados, como son o mesmo Xoel, o dj tamén coruñés Fiumichino, e mais Eme Dj, recentemente nomeada como a mellor pincha nacional para os lectores da revista Rockdeluxe. I é que o Colectivo aproveita a posta en marcha do Festival como a propia campaña de promoción, e o éxito que está colleitando a través do seu Facebook é fantástico. Pero máis alá do pop máis tenro de Xoel e da electrónica dos pinchas de turno, as novas bandas anunciadas son tremendamente novedosas. Dende logo non van deixar a ninguén quietos, e a festa e a frescura serán as protagonistas. As novidades no cartel son as seguintes:

Varry Brava

Aquí vos deixamos con Miedo, desta banda murciana, cunhas guitarras máis que divertidas e un pop fresco sen complexos.

Anika Sade

Estes barceloneses traen unha new wave bastante punki.

Guadalupe Plata

Dende Granada chega esta banda con gañas de romper moldes. Non perdades ollo deste vídeo, que contra o final demostra que van dan que falar...

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios