O Nordestazo Rock xa ten cartel guerrilleiro


Continuamos coñecendo as citas da Axenda Sonora da Costa da Morte. Xa pasamos pola praia de Valarés, con V, e polas Sereas e Piratas de Razo. Hoxe quedamos polo Bergantiños, concretamente no porto de Malpica.
Chega o III Nordestazo Rock logo de 2 anos de auténtica Tralla, i é que son os activos mozos da AC Tralla os que están detrás da organización deste festival.
A cita será o sábado 30 de xullo e a entrada, coma sempre, será de balde. Ademais, haberá gastronomía polo día e caña pola noite. De feito a mañá terá cheiro a sardiña, e contará coa actuación dos Peter Punk, divertidos espectáculos para pequenos e maiores.
As músicas
As citas nocturnas serán cañeras. Serán os arxentinos Ché Sudaka os cabeza de cartel co seu son festexeiro de a pé de rúa.
O Tucho dos Heredeiros traerá máis música gherrilleira con Recambios Tucho. Tamén dende Coruña chegan, mesturando R&R, humor e amor branquiazul, La Banda del Camión.
E dende Santander tamén estarán Estereorypo poñendo o toque electrónico que permita rematar a noite a ritmo de baile.
Che Sudaka
Estereotypo
Recambios Tucho
La Banda del Camión
FORZA TRALLAAAAA!!!!
Máis información
Novas relacionadas
- II Nordestazo Rock: O Nordestazou fixo tremer o porto de Malpica .
- A música e o surf mestúranse no Sereas e Piratas de Razo.
- Martín Varela escríbese con V de Valarés.
- O Festival ConVdeValarés asina coa Axenda SON da Estrella Galicia e completa o cartel.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasancosta.com).