O Asalto ao Castelo irá acompañado dunha Feira Artesanal

10:30 10/05/11

Buscando postos
A creación dun posto na feira será gratuíta, mais os interesados deben saber que non se aceptarán postos baseados na comida e bebida. As únicas esixencias son, por unha parte, inscribirse en tempo e, por outra, limitar o posto de exhibición e venda a unhas medidas máximas de 3 metros de ancho. A inscrición pódese facer a través da web do asalto www.asaltoaocastelo.org. En definitiva, a organización do Asalto pretende chegar a todo o gremio artesanal, especialmente da Costa da Morte, coa idea de que sexan parte activa desta I FEIRA ARTESANAL a celebrar o sábado 2 de Xullo no transcurso do XVI ASALTO AO CASTELO.Buscando heroes
E xa o apuntamos a semana pasada. O Asalto ao Castelo de Vimianzo precisa heroes e para iso está organizando un casting de actores. A intentión é involucrar aos veciños da comarca e arredores. Búscanse os heroes mais tamén aos viláns e todos os secundarios (defensores, irmandiños…) que completan a ambiciosa historia deste ano. Son un total de 5 actores principais e ducias de extras capaces de levar a Revolta Irmandiña a derrubar a fortaleza dos Moscoso. É por iso que o próximo 21 de maio ás 20:00 h. se realizará unha proba a todas as persoas que queiran participar neste proxecto.Nova trama
A festa máis desenfadada do verán na bisbarra dende hai anos, non deixa de innovar e este ano pretende sorprender cunha idea orixinal baseada nunha lenda antiga: o aforcado Fernando de Xinzo. O detonante do enfado irmandiño, desta volta, será o aforcamento público dun inocente campesiño por parte dos nobres feudais que sospeitan da súa colaboración co arquiinimigo Arcebispo de Santiago. Unha historia de traizóns e contradicións do ser humano que fará que o pobo se rebele e se levante en armas contra a opresión exercida polos señores do castelo.Trailer do XVI Asalto ao Castelo de Vimianzo
Máis información
Novas relacionadas
- O Asalto ao Castelo de Vimianzo quece motores.
- O Asalto ao Castelo volve buscar aos seus heroes cun casting.
- A saga “Perdidous” da Cherinkas chega ao seu final.
- 9 vídeos da orixinal Frikifesta da Cherinkas.
- Contacto: festa@asaltoaocastelo.org
Novas e vídeos do Asalto
- Galería de imaxes do Asalto ao Castelo de Vimianzo 2010: As fotos que os Irmandiños non viron.
- Asalto ao Castelo 2010: O pobo irmandiño retomou Soneira.
- O derradeiro vídeo do XV Asalto ao Castelo de Vimianzo.
- A "Resistencia Irmandiña do 1467" xa no youtube.