"Dálle luz á túa factura" informa en Vimianzo sobre como aforrar no recibo eléctrico
07:07 24/11/16
Este venres ás 18:30 horas a casa da cultura de Vimianzo acolle unha sesión informativa na que baixo o lema "Dálle luz á túa factura" os consumidores aprenderán as claves para que podan aforrar no seu recibo da luz.
Esta campaña de divulgación, formación e sensibilización impartida polo Inega - Instituto Enerxético Galego - pretende facilitar a comprensión da factura da luz utilizando unha linguaxe comprensible para o cidadán e dar a coñecer os dereitos como consumidores eléctricos.
O INEGA creou unha aplicación informática coa que o cidadán pode coñecer máis detalladamente todos os conceptos relacionados coa factura da electricidade, diferenciar entre cada un dos axentes do sector eléctrico, calcular de xeito personalizado a tarifa máis axeitada, extrapolar os resultados con cuantificación económica e ambiental, obter consellos de aforro e eficiencia enerxética así como coñecer os dereitos dos consumidores.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Vimianzo