Venres. 19.04.2024
El tiempo

Detido un vimiancés por negarse a facer a proba de alcoholemia e insultar e cuspir aos axentes da Garda Civil

Accidente en Vimianzo
Detido un vimiancés por negarse a facer a proba de alcoholemia e insultar e cuspir aos axentes da Garda Civil

Un home sufría unha saída de vía en Bamiro, Vimianzo, provocando unha colisión contra un poste. Acodía a Garda Civil e comprobaba que condutor e único ocupante do vehículo non sufría feridas, “pero presentaba síntomas evidentes de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas”-.

Pero o home negouse a realizar a proba, “lanzando insultos contra os axentes, e mesmo cuspindo a un deles baixo a ameaza de que se atopaba infectado por Covid -19 e tratando de agredilo”.

Os axentes proceron á investigación do condutor, como suposto autor de dous delitos contra a seguridade vial, un por conducir baixo os efectos de bebidas alcohólicas e o outro pola negativa a someterse ás probas de alcoholemia estando implicado nun accidente; e tamén por un delito de atentado contra os axentes da Autoridade.

Comentarios