Venres. 29.03.2024
El tiempo

IES Terra de Soneira: Preparados, móbil, acción

IES Terra de Soneira: Preparados, móbil, acción

Os do IES Terra de Soneira veñen de demostrar que a canteira audiovisual costeira está asegurada, tras coñecer que son os campións do o I Concurso de Curtas co Móbil, que artella a Xunta a través do IMit. Un concurso ao que se presentaban 22 curtamentraxes e no que as votacións se realizaban a través do Facebook.
Así se houbo vídeo con apenas 22 "megustas", o gañador, "Os perigos das Redes Sociais”, recibiu nada menos que 526. Foron total de 17.800 visitas as que recibiu o portal nas datas do certame, que pretende fomentar o traballo en equipo para difundir as actividades das aulas CeMIT.

Así o IES Terra de Soneira de Vimianzo resultou gañador do primeiro premio, conseguindo un netbook para o centro e un Ipod para cada un dos cinco alumnos que participaron na iniciativa.
Se o segundo premio foi para a curta “Un lapis e un vello papel” realizado por cinco alumnos do IES Ramón Cabanillas de Cambados, o terceiro premio recaeu novamente no centro Terras de Soneira pola curta “As novas tecnoloxías”, que colleitou a cifra de 226 megustas. Neste caso o galardón foi unha cámara dixital para o centro e un Ipod para cada un dos tres alumnos que elaboraron a curta.

Aquí vos deixamos coas súas creacións:

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios