Martes. 16.04.2024
El tiempo

O IES Terra de Soneira ofrece novas prazas nos Ciclos Formativos de Administración e Finanzas

IES Terra de Soneira
O IES Terra de Soneira ofrece novas prazas nos Ciclos Formativos de Administración e Finanzas

O Instituto Secundaria Terra de Soneira de Vimianzo informa de que se veñen de liberar prazas para os Ciclos Formativos, Medio e Superior, da Familia de Administración e Finanzas.
O prazo para presentar as solicitudes de matrícula remata o venres 22 DE XULLO ás 13 horas.

Ámbolos ciclos contan con 2000 horas de formación, equivalentes a dous cursos académicos, que inclúen un período de prácticas laborais en empresas. O IES Terra de Soneira ten asinados convenios de colaboración cun amplo abano de empresas da comarca, o que lle permite garantir ao seu alumnado as prácticas asociadas aos ciclos, así como unha altísima taxa de inserción laboral.

Para máis información podes poñerte en contacto co noso centro a través do correo electrónico [email protected], no teléfono 881 866 519 ou na web ww.edu.xunta.gal/centros/iesterradesoneira/

Comentarios