Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O 10 % dos vimianceses participa nalgunha actividade da programación deportiva de inverno

O 10 % dos vimianceses participa nalgunha actividade da programación deportiva de inverno

O alcalde de Vimianzo vén de dar a coñecer, xunto co técnico de deportes, Víctor Santos, e os monitores deportivos, a programación deportiva da temporada 2011-2012. Máis de 9 escolas deportivas, máis o ximnasio, nas que participan 779 persoas, conforman o conxunto de propostas deportivas do concello. A participación nas escolas incrementouse en máis de 64 persoas con respecto ao ano pasado, o que supón un 12%.

As escolas deportivas que están prestando o servizo son: escola de pequemotricidade, escola de fútbol e fútbol sala, escola de patinaxe, escola de baloncesto, escola de taekwondo, escola de tiro con arco, actividade física para maiores, aerobic e psicomotricidade nas escolas unitarias. Este servizo préstase de forma descentralizada, de tal xeito que 12 das 14 parroquias acolle algunha actividade deportiva.

I Concurso infantil de postais de Nadal

Asemade, o Concello de Vimianzo convoca o I Concurso infantil de postais de Nadal, que terá como tema principal dos debuxos o lema “Compartimos contigo nadal”. Hai 3 categorías entre os 3 e os 11 anos, e poden presentalas obras na Casa da Cultura ata o 9 de decembro de 2011.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios