Sábado. 05.10.2024
El tiempo

BNG e AGE pide a paralización do novo proxecto de minería que ameaza a Costa da Morte

BNG e AGE pide a paralización do novo proxecto de minería que ameaza a Costa da Morte
O 15 de xaneiro saiu a exposición pública o permiso de investigación mineira Isabela II O 15 de xaneiro saiu a exposición pública o permiso de investigación mineira Isabela II O pasado 22 de xaneiro saltaba a alarma en QPC sobre o novo proxecto de minería que ameaza a parte dos montes de Coristanco, Santa Comba, Zas e Vimianzo.  Foron varias as organizacións que mostraron o seu rexeitamento ao proxecto - que está en fase de estudo -  tales como Petón do Lobo. Outros dos organismos que se manifesta en contra do Isabella II son os grupos políticos do BNG e AGE que onte rexistraron diversas iniciativas destinadas a reclamar a paralización de proxectos de megaminería como este. Desta forma, os nacionalistas instan á Xunta de Galicia a denegar calquera autorización relacionada coa reactivación de proxectos de megaminería, paralizando as novas autorizacións de investigación mineiras que están solicitadas pola sociedade madrileña Grupo M-FM 2001, S.L. que, segundo indicaron varios grupos ecoloxitas, recibiu subvencións de centros de miles de euros por parte do Estado. O grupo parlmentar do BNG, presidido por Francisco Jorquera, presentou varias preguntas e unha Proposición Non de Lei. Para Jorquera todo indica que a investigación mineira Isabella II pretende reactivar os proxectos de megaminería en Galiza, un modelo, afirma o nacionalista “esquilmador dos nosos recursos, do noso territorio e da nosa riqueza natural”. Un modelo que, segundo o portavoz parlamentar, destrúe máis postos de traballo que os que crea, e que fai que os beneficios emigran e os custes se internalicen. Novas relacionadas Fonte 

Comentarios