Martes. 16.04.2024
El tiempo

O concello de Vimianzo colabora coa DXT para os trámites do carné de conducir

O concello de Vimianzo colabora coa DXT para os trámites do carné de conducir
Xa non será necesario desprazarse ata A Coruña para realizar os trámites administrativos relacionados coa DXT - Dirección Xeral de Tráfico -. O concello de Vimianzo acaba de asinar varios convenios coa entidade que regula o tráfico grazas ao cal os veciños e veciñas poderán realizar os trámites de cambio de domicilio no carné de conducir e do Imposto de vehículos de tracción mecánica nas dependencias do concello vimiancés. Con este convenio, o concello de Vimianzo xa figura na inscrito na páxina web da DXT como Centro Colaborador. Para máis información: 981716001

Comentarios