luns. 12.05.2025
El tiempo

Danza, andaina e teatro de memoria para a axenda vimiancesa

Gabriel Fernandez Galego
Gabriel Fernández en Galego
Danza, andaina e teatro de memoria para a axenda vimiancesa

Tras finalizar a estadía da súa residencia artística, Yaguas ofrecerá hoxe sábado, 3 de maio, ás 20.30h, unha mostra aberta do seu traballo en proceso, que terá tamén lugar na Casa da Cultura de Vimianzo, con acceso libre.

Anton Yaguas
Antón Yaguas

Pero a vila soneirá xa pensa no Día das Letras Galegas, que celebrará cunha obra que mestura teatro, memoria e identidade. A peza ‘Galego’, de Gabriel Fernández e Julio Molina, foi declarada de interese cultural pola cidade de Bos Aires Poderase ver de maneira gratuíta no Auditorio da Casa da Cultura vimiancesa o venres 16 de maio ás 20:30 horas.

Na peza relátase a historia dun home maior, migrante, que desprega a súa memoria nun presente que o interpela. A súa relación co seu lugar de orixe e co construído na terra que o acolleu mestúranse nun galego entreporteñado, sen perder o seu acento. O texto bebe de fontes biográficas, narracións orais e investigación documental, e articúlase sobre unha posta de escena baseada na actuación.

Ademais, o Concello propón tamén unha saída a pé polos Penedos para o 11 de maio.

 

Comentarios