O Concello de Vimianzo realizou obras de mantemento nos centros de ensino
08:16 15/09/14
O Concello de Vimianzo realizou últimamente obras de reparación e mantemento nos centros de ensino do concello:
- No CEIP San Vicenzo de Vimianzo realizou reparacións diversas entre as que destacan o arranxo dos aseos, arranxo de cristais e ventás, limpeza do patio, arranxo de distintas portas, distintos arranxos eléctricos, selado de fendas, pintura de descascados e borrado de grafitis.
- No CEIP de Baíñas, despois das actuacións a fondo do ano pasado que consistiron no selado de fendas, na eliminación de descascados e humidades e no pintado integral do centro, solucionáronse distintos problemas puntuais.
- No CEIP de Castromil axustouse a colocación unha pizarra dixital e proximamente se procederá a pintar o interior do centro.
- Na EEI de Carantoña tamén se desenvolveron actuacións puntuais despois da reforma integral do ano pasado, na que se construiu un local para uso do profesor/a.
- Na EEI de Carnés, tamén se arranxaron o proxector e a pizarra dixital.
Neste mesmo sentido o luns ditamínaranse en comisión para posterior aprobación pola Xunta de Goberno Local as axudas para gastos escolares e fomento da natalidade.