sábado. 25.04.2026
El tiempo

Luz verde ambiental para a ampliación dunah explotación gandeira en Cores

POSE-E-GARCIA-Ponteceso-Jose-Manuel-e-Sergio
José Manuel e Sergio na Ganderiría Pose e García Foto. Campo Galego
Luz verde ambiental para a ampliación dunah explotación gandeira en Cores

A Xunta de Galicia acaba de dar luz verde ambiental á ampliación da explotación de gando vacún Ganadería Pose e García. SL, en Santa Cruz, Cores, Ponteceso. Unha autorización supeditada, en todo caso, ao cumprimento das condicións incluídas nos distintos documentos emitidos durante a tramitación.

Non atopa inconvintes medioambientais a Xunta para unha ampliación que provocará novas construcións, a cubrición dunha fosa de xurro e a demolición ou a reconversión de parte das instalacións existentes co fin de acadar unha capacidade final para 572 prazas. En concreto, prevese a construción dunha nova nave completa con corredores de alimentación, zona de limpeza e zona de camas, que contará ademais cunha área destinada a oficina, leitería, zona de muxido e partos, ocupando toda a construción unha superficie de 5.281,15 m².


 

Comentarios