Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Obradoiro de Emprego de Camariñas, Muxía e Vimianzo remata o local social de Carnés

VIMIANZO_Local social Carnés
Acabando de pintar o social Carnés
O Obradoiro de Emprego de Camariñas, Muxía e Vimianzo remata o local social de Carnés

Aprender un oficio facendo é o máis importante que trae este formato de formación laboral, pagada, dos obradoiros duais de emprego. Comprobámolo no ‘Camiño ao Emprego 2022’, que comparten os Concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo, e que cumpre cinco meses co acondicionamento do local social de Carnés xa rematado.

Un total de 20 alumnos e alumnas desenvolven o seu labor de xeito simultáneo nos tres concellos, sendo Vimianzo promotor, dentro das especialidades de ‘Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción’ e ‘Montaxe de mobles e elementos e carpintería’.

Os tres primeiros meses concentraron a parte teórica dos correspondentes certificados de profesionalidade xunto coa formación obrigatoria en prevención de riscos laborais. E a partir de aí comezou a marcha:

No municipio soneirán, durante o mes de xaneiro, o alumnado de ‘Operación auxiliares de revestimentos continuos en construción acondicionou o local social de Carnés retirando mobiliario, reparando as gretas e saneando as superficies afectadas por humidade e óxido. Tamén pintou a parte de abaixo, tanto a interior como a exterior.

Na actualidade, tamén se está acondicionando o local situado ao lado do ximnasio e campo de fútbol de Vimianzo, revestindo, pintando e alicatando un espazo para o uso público. Ao remate desta obra está previsto que inicien labores de reparación e pintado na escola de Xaviña, en Camariñas.

Montaxe e preparación dun bancal para Camariñas
Montaxe e preparación dun bancal para Camariñas

A especialidade de ‘Montaxe de mobles e elementos e carpintería’ atópase na escola de Señoráns (Vimianzo), que funciona como sede, aulas e taller para as prácticas. Entre as actuacións executadas atópase a división con tres portas da parte que dá acceso á planta alta (onde se sitúa outra das aulas e oficinas) para evitar os ruídos, a perda de calor e que se propaguen as substancias en suspensión por cortar material, lixados ou a aplicación de pinturas e/ou vernices.
Ademais, no taller prepararon un bancal de madeira para Camariñas e están a montar uns mobles para os edificios públicos do Concello de Vimianzo. En breve empezarán coas actuacións no parque infantil de Viseo (Muxía).

Comentarios