Operación Marianne: Detidos en Tufións dous supostos membros dunha rede relacionada co DAESH
Esta mañá o lugar de Tufións espertou conmocionado. Unha numerosa unidade da Garda Civil detiña a un home na vila vimiancesa a primeira hora da mañá, ao que se vincula cunha rede de inmigración irregular que podería ser utilizada por DAESH. Un home que levaba 3 anos vivindo na comarca de Soneira e que traballaba nunha empresa madereira da zona.
A operación Marianne está realizada baixo a dirección do Xulgado Central de Instrución, Número 2, e a Fiscalía da Audiencia Nacional, e tamén incluía unha detención en Arteixo e outras dúas en Almería.
A devandita rede, coa que manterían contacto os 4 detidos, operaría na denominada "ruta dos refuxiados sirios" entre Turquía e Europa do Leste. Trataríase do mesmo entramado utilizado, en outubro de 2015, por diversos membros de DAESH para entrar en Europa, xunto cos autores dos atentados de Parides de novembro do pasado ano.
Segundo as investigacións realizadas, os detidos estarían en contacto, tanto antes como logo dos atentados, con, polo menos, un dos terroristas detidos en Salzburgo (Austria) un mes despois. A raíz da investigación dos atentados de Parides, os especialistas do Servizo de Información da Garda Civil tratan de determinar si eses contactos están vinculados pola trama terrorista ou si trataríase, con todo, de actuacións derivadas da propia rede de inmigración irregular. Ese entramado foi o responsable do desembarco de case 200 inmigrantes, en Leros, o 3 de outubro de 2015.
Stop radicalismos
O Ministerio do Interior recorda que, a través da iniciativa STOP RADICALISMOS, os cidadáns poden colaborar a través dunha serie de canles á súa disposición para que, de forma confidencial e segura, notifiquen ás Forzas e Corpos de Seguridade aqueles posibles casos de radicalización na súa contorna a través da páxina web www.stop-radicalismos.es, a aplicación móbil de alertas de seguridade cidadá Alertcops e o teléfono gratuito 900 822 066.
Fonte
- Ministerio.