Luns. 15.08.2022
El tiempo

Os irmandiños volven a Vimianzo

Os irmandiños volven a Vimianzo
Manuel Antelo e Ses conduciron o ariete que derrubou as portas do Castelo de Vimianzo Manuel Antelo e Ses conduciron o ariete que derrubou as portas do Castelo de Vimianzo Un cartel de primeira división e o poder de convocatoria dunha festa como a do Asalto ao Castelo, fixeron que Vimianzo vivise unha auténtica revolta irmandiña e das máis numerosas durante toda semana que culminou o sábado cos concertos. O día prometía despois de ver o ambiente que houbo na vila soneirana durante toda a semana coas actividades paralelas á XXI edición da festa do Asalto ao Castelo; sendo a ruta dos pinchos a de maior poder de convocatoria. Foron desaseis, máis un da organización, os locales que ofreceron distintas tapas (por un 2,5€ mais bebida) coa peculiaridade que todos os seus ingredintes eran anteriores ao descubrimento de América. Mais o sábado, a gran revolta irmandiña comezou a primeiras horas da tarde co Asaltiño. Os encargados de tomar o Castelo foron os máis pequenos despois dunha gran loita de auga. O día prestábase para iso, xa que foi unha tarde de sol nas Terras de Soneira. As irmandades parroquiais da antiga Terra de Soneira concentraronse na praza do concello As irmandades parroquiais da antiga Terra de Soneira concentraronse pola tarde na praza do concello A troula regresou ao centro da vila coas irmandades parroquiais que ás das oito da tarde se concentraron na praza do concello para izar a bandeira irmandiña. Como novidade, este ano participaron unha boa parte das parroquias que formaban as antigas Terras de Soneira. Así, xentes de Zas, Baio, Salto, Baíñas, Xaviña, Carantoña,... entre outras moitas, acudiron á chamada coa súa vestimenta irmandiña e a ritmo das gaitas e das pandeiretas desfilaron polas rúas da vila. O alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, izou a bandeira irmandina no balcon do concello O alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, izou a bandeira irmandina no balcón do concello A VI feira artesanal, a actuación do coro Saint Luc de Banabakintú e os pinchos irmandiños nos distintos establecementos da vila mantiveron viva a troula no centro da vila. Foron moitas as opinións que se escoitaban na rúa sobre os dintintos pinchos, mais o veredicto final darao a coñecer a organización que nos vindeiros días publicará cal foi o petisco mellor valorado así como o establecemento mellor decorado segundo as valoracións dos que selaron a cartilla da ruta dos pinchos. Na-novena-edicion-dos-Pinchos-Irmandinos-do-Asalto-ao-Castelo-poderanse-degustar-ata-18-tapas-diferentes Na novena edición dos Pinchos Irmandino degustaronse dezasete tapasdiferentes Cos últimos minutos do día e cun concerto algo máis tranquilo do esperado, chegou Ses e o seu equipo que ainda así conseguiron conquistar ao público vimiancés con temas como Tempestades de Sal, Non son fada, Labregha Bergantinhana, Como eu Canto e incluso coa Rianxeira, entre outros moitos. O musical de Melodrama satirizou as verbenas galegas O musical de Melodrama satirizou as verbenas galegas Mais a verdadeira "euforia irmandiña" desatouse tras o espectáculo teatral e musical de Melodrama que lle dou paso ao Asalto ao Castelo propiamente dito. Tras un percorrido dende a zona de concertos ata o foso do castelo encabezado polo ariete e por un ritmo a base de tambores, a xente tomou o castelo despois da tradicional loita de globos de auga. Centos de irmandiños bailaron os grandes exitos de Celtas Cortos Centos de irmandiños bailaron os grandes éxitos de Celtas Cortos Celtas Cortos consiguiu que os irmandiños regresaran á zona de concertos onde houbo momentos nos que canxear os tickets por bebida ou comida foi unha tarefa máis que complicada. Tras algo máis de hora e media de concerto, déronlle paso Firkin; unha banda húngara que mantivo vivo o espirtu festeiro dos irmandiños e irmandiñas. Encargaronse de pechar a noite os madrileños Spin Te Kú.   [fbvideo link="https://www.facebook.com/asaltoaocastelo/videos/1377769315570655/" width="500" height="400" onlyvideo="1"] ¡¡Lume Irmandiños e a pensar xa na XXII edición da festa do Asalto ao Castelo!!

Novas relacionadas

Fonte

comentarios