Os Pinchos Irmandiños xa invaden o val de Soneira
Xa está en marcha a esperada sección gastronómica do Asalto ao Castelo de Vimianzo. Este sábado 4 de xullo é o gran día da festa, pero ao longo da semana poderemos achegarnos pola vila soneirá para disfrutar dos pinchos medievais que xa preparan unha vintena de locais.
A VIII Ruta dos Pinchos Irmandiños, arrincaron martes 20 de xuño e ata o sábado 4 de xullo estará aberta, pola mañá entre as 12h e as 15h e pola tarde das 19h ás 23h (como horario mínimo). O que fai diferente á ruta de pinchos de Vimianzo das demais é que todo alimento que non fora descuberto no país antes do século XV queda totalmente prohibido na elaboración dos pratos, tendo que utilizar así os cociñeiros unha maior creatividade.
Os puntos de servizo de petiscos distribúense por toda a vila. Son a Parrillada Edreira, o Restaurante Vázquez, o Restaurante Pastoriza, a Parrillada Montevideo, a Cervexería Risco, o Bodegón A Lareira, o Café-Bar Happy Day, o Bar Marquiñas, o Bar Agocho, o Bodegón O Petouco, o Dialma-CoffeLounge, o Celme Café, o Café-Bar A Rúa, a Pizzería Hilton, o Restaurante Vía Rápida, a Cervexería Quilmes, o Café-Bar Bibendum, o Bar Grupo Xoven, a Casa Sabina, o Restaurante O Castillo e o propio stand da organización na praza do Concello, que dará o toque doce da ruta.
APP
A novidade do ano pasado segue vixente e mellorada: poderás seguir a ruta dos Pinchos Irmandiños a través do teu teléfono, este ano tamén no iPhone. Tan só hai que buscar a app “Pinchos Irmandiños Vimianzo”. Alí poderás selar os bares que visitas sen ter que facelo nun cartón físico.
Como cada ano, haberá agasallos irmandiños até fin de existencias para aqueles que completen algunha das rutas suxeridas: a Ruta Mínima (10 selos) e a Ruta Total (20 selos). Este ano, a cartolina terase que entregar en calquera dos seguintes locais: Parrillada Montevideo, Café-Bar Bibendum, Celme Café ou Café-Bar Happy Day.
Amais, entre os que completen calquera das rutas sortearase un pack de produtos Mahou en función do peso da persoa gañadora.
Novas relacionadas
- Asalto Gaélico ao Castro de Barreiras.
- Nomes medievais para os Pinchos Irmandiños.
- Históricos irmandiños repasarán a historia dos 20 anos de Asalto ao Castelo.
- Os Irmandiños xa teñen CD e cómic.
- Os traxes e as fachadas medievais tamén terán premio no Asalto ao Castelo.
- Unha Legua para liberar o pobo Irmandiño.
- Un mes Asaltando o Castelo.
- 500 persoas poderán disfrutar da Cea Medieval dos 20 anos de Asalto ao Castelo.
- O Asalto quece motores con artesanía, música e deporte.
- I Legua Irmandiña 2015: Os Irmandiños tamén saben correr.
- Bo relevo para armar un 20º aniversario do Asalto ao Castelo cheo de música.
- A Cherinkas, que se fai maior, decidirá se segue ao mando do Asalto ao Castelo.
- Asalto 2014: Os rollos da Marquesa; gañador dos pinchos irmandiños do Asalto ao Castelo de Vimianzo.
- Asalto 2013: Asalto ao Castelo, a traca final (en vídeo).