Luns. 22.07.2024
El tiempo

Os Pinchos Irmandiños xa invaden o val de Soneira

Os Pinchos Irmandiños xa invaden o val de Soneira
Os Fachos da Vitoria do Resturante O Castillo-Pinchos Irmandinos 2015

Xa está en marcha a esperada sección gastronómica do Asalto ao Castelo de Vimianzo. Este sábado 4 de xullo é o gran día da festa, pero ao longo da semana poderemos achegarnos pola vila soneirá para disfrutar dos pinchos medievais que xa preparan unha vintena de locais.

A VIII Ruta dos Pinchos Irmandiños, arrincaron martes 20 de xuño e ata o sábado 4 de xullo estará aberta, pola mañá entre as 12h e as 15h e pola tarde das 19h ás 23h (como horario mínimo). O que fai diferente á ruta de pinchos de Vimianzo das demais é que todo alimento que non fora descuberto no país antes do século XV queda totalmente prohibido na elaboración dos pratos, tendo que utilizar así os cociñeiros unha maior creatividade.

Os puntos de servizo de petiscos distribúense por toda a vila. Son a Parrillada Edreira, o Restaurante Vázquez, o Restaurante Pastoriza, a Parrillada Montevideo, a Cervexería Risco, o Bodegón A Lareira, o Café-Bar Happy Day, o Bar Marquiñas, o Bar Agocho, o Bodegón O Petouco, o Dialma-CoffeLounge, o Celme Café, o Café-Bar A Rúa, a Pizzería Hilton, o Restaurante Vía Rápida, a Cervexería Quilmes, o Café-Bar Bibendum, o Bar Grupo Xoven, a Casa Sabina, o Restaurante O Castillo e o propio stand da organización na praza do Concello, que dará o toque doce da ruta.

APP

APP Pinchos Irmandinos Vimianzo

A novidade do ano pasado segue vixente e mellorada: poderás seguir a ruta dos Pinchos Irmandiños a través do teu teléfono, este ano tamén no iPhone. Tan só hai que buscar a app “Pinchos Irmandiños Vimianzo”. Alí poderás selar os bares que visitas sen ter que facelo nun cartón físico.

Como cada ano, haberá agasallos irmandiños até fin de existencias para aqueles que completen algunha das rutas suxeridas: a Ruta Mínima (10 selos) e a Ruta Total (20 selos). Este ano, a cartolina terase que entregar en calquera dos seguintes locais: Parrillada Montevideo, Café-Bar Bibendum, Celme Café ou Café-Bar Happy Day.

Amais, entre os que completen calquera das rutas sortearase un pack de produtos Mahou en función do peso da persoa gañadora.

Se vos achegades á vila lembrade traer o apetito ben aberto... Comezan os VIII Pinchos Irmandiños! Aquí vos deixamos un...

Posted by Asalto ao Castelo de Vimianzo on Martes, 30 de Xuño de 2015

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios