Venres. 29.03.2024
El tiempo

Unha Legua para liberar o pobo Irmandiño

Unha Legua para liberar o pobo Irmandiño
Carreira popular I Legua Irmandina Asalto ao Castelo Vimianzo 2015

Xa está aberto o prazo en Championchipnorte para apuntarse á I Legua Irmandiña, esta carreira popular nocturna que arman os irmandiños no marco do mes de actividades do Asalto ao Castelo de Vimianzo, e que terá lugar o venres 26 de xuño ás 21h e que, como non, terá como punto final o castelo de Vimianzo.

Haberá varias categorías para todas as idades, a principal terá 5,5 km de lonxitude. Por suposto, a carreira nace imbuída do espírito do Asalto, de tal xeito que a chegada ao Castelo estará ambientada e decorada. Ademais, obrigado disfrazarse!!!

A por eles, Irmadiñosssss!!!

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios