Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os Irmandiños xa teñen CD e cómic

Os Irmandiños xa teñen CD e cómic
CD Irmandino Son Asalto Castelo Vimianzo 2015

Como medra este Asalto ao Castelo de Vimianzo polo seu 20 aniversario. As apostas que presentarán este sábado 13 de xuño son verdadeiras novidosas. Nada menos que unha “ópera contemporánea” e unha banda deseñada histórica no XX Asalto. A cita, ás 20.30h no Auditorio da Casa da cultura de Vimianzo.

Fantástica a creación da familia da Cherinkas co apoio do Concello do CD de música “Irmandiño Son”. O álbum desenvólvese de principio a fin narrando a historia dunha rebelión popular marcada polo amor e a desesperación. Todo isto reunindo diferentes formacións musicais con estilos tan variadas que van desde o rock até o folk, nunha especie de “ópera contemporánea”.

Ademais da presentación, haberá unha boa ocasión para escoitar o resultado nun concerto que se celebrará o venres 26 de xuño ás 22.30h na praza do Concello de Vimianzo.

Estes son os temas:

  • 1. INTRO: Manuel Rial feat. Ghillermo.
  • 2. Xa non podo. Animundis (Rock).
  • 3. A dama e o cabaleiro. Suso de Quinito (cantautor).
  • 4. Todos en formación! Fu-Gao’s (Pop).
  • 5. Arde Soneira. Kosoco Nasera (Samba/reggae).
  • 6. Rumba o chimpo. Banda de gaitas da A. C. Trubisquiña (tradicional).
  • 7. Miserables. Viero Ruiz & Caamaño (hip-hop).
  • 8. Ata a morte e máis alá. Bastardos de Rivera (garage/punk).
  • 9. Sen temor. Ürko (Hard rock/Metal).
  • 10. Impetum. Efra (Electrónica).
  • 11. Vento irmandiño. Coral polifónica Lusco e fusco (Coral polifónica).
  • 12. Todo é teu. Serj (Rock).

Gravando o CD Irmandino Son

Banda deseñada 1468

Ruben Rial e o autor da Banda Desenada do Asalto ao Castelo de Vimianzo

No mesmo acto tamén se presentará as publicacións literarios desta edición. Destaca a banda deseñada 1468, do artista gráfico vimiancés Rubén Rial, que narra a o Asalto ao Castelo de Vimianzo cunha fonda documentación histórica. O que máis chama a atención neste caso é a reconstrución da fortaleza tal e como se vía antes do derrubamento e as reformas do século XV. André, o cuadrilleiro que lidera as milicias irmandiñas do val de Vimianzo, non está de acordo coa forma coa que a Santa Irmandade pretende derrocar aos últimos redutos de tiranía que aínda asolagan parte do Reino de Galicia.

Nunha época de relativa calma, onde a Santa Irmandade goberna baixo a legalidade e os apoios concedidos polo Rei de Castela, comezan a xurdir conflitos internos no seo das propias irmandades. A clase señorial está xa moi debilitada e André, desobedecendo as ordes da Santa Irmandade, busca unha solución que non supoña o gasto inútil de vidas nunha batalla xa gañada. Pero non todo sae como el esperaba…

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios