Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os veciños de Vimianzo terán que pelexar máis polos seus montes de Milleira e Gorreis

Os veciños de Vimianzo terán que pelexar máis polos seus montes de Milleira e Gorreis
Vecinos de Carantona afectados polos montes de Milleira e Gorreis

Levan máis dunha década reclamando que se lles devolvan as súas propiedades. Pero parece que terán que seguir loitando polo que é seu. Os veciños vimianceses, propietarias e propietarios dos montes da Milleira e de Gorreis, en Carantoña, foron solicitar onte licenzas de corta dos seus montes de Milleira e Gorreis, uns montes que levan 10 nun limbo legal. A resposta da Xunta, foi negativa.

O pasado mes de decembro o Concello de Vimianzo aclarou, de maneira oficial, que non é o propietario dos montes e solicitouselle á Xunta de Galicia que confirmara a devolución da propiedade aos seus donos lexítimos. Pero nada, onte a Xunta explicaba que os veciños teñen que ir pola via xudicial para recuperar os seus montes.

Os veciños, xa fartos de pelexar, non entenden a postura da Xunta, mentres o alcalde segue intentando canalizar as peticións dos veciños. Uns propietarios que pretenden cortar árbores nos seus montes para facer leña e utilizala para quentar as súas vivendas durante o inverno. En moitos casos estes montes son os únicos nos que poden efectuar estas cortas e a leña é a única fonte de calor da que dispoñen.

Terán que esperar e seguir alegando.

Vecinos de Carantona presentando sinaturas

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios