Póñense á venda as primeiras entradas para a Cea Medieval do Asalto
 
    20:54 11/05/16 
             Patrocinadores e colaboradores xa poden solicitar as entradas para a Cea Medieval do Asalto ao Castelo-Foto-Roberto Rúa
As primeiras entradas para a VII edición da Cea Medieval que terá lugar o venres 1 de xullo - na véspera do día grande do Asalto ao Castelo de Vimianzo - xa están á venda. Así, os patrocinadores e colaboradores xa poden solicitar as súas entradas - máximo dúas por persoa - poñéndose en contacto con Diego Hermida a través do correo electrónico festa@asaltoaocastelo.org ou 660 755 517 - preferentemente vía Whatsapp -. No caso de que haxa xente que non estea identificada como axudante e desexe botar unha man á organización, pode anotarse a través de Diego Hermida.
A partir do 1 de xuño e até esgotar existencias poranse en venda as entradas que queden libres. O máximo número de entradas a sacar nesta fase será o de 4 por persoa. As entradas tan só se poderán obter a través do portal de venda online www.ataquilla.com.
Ao igual que o ano pasado o prezo das entradas será de 25€.
Menú irmandiño
A Cea Medieval reúne a centos de persoas no foso do Castelo para comer pratos da época irmandiña e coller folgos antes de tomar a fortaleza. É sen dúbida un dos momentos máis agardados da celebración e no que moita xente lamentablemente ten que quedar fóra debido ao aforo limitado do recinto histórico.
Ademais da cea e do espectáculo durante a mesma, ao remate - á unha da madrugada -abriranse as portas do foso ao público en xeral para poder asistir aos espectáculos teatrais e musicais.
¡¡Lume Irmandiños!!

Novas relacionadas
- Asalto 2016: Ábrense as inscricións para a VI feira artesanal do Asalto ao Castelo
- Asalto 2016: O Asalto ao Castelo quece motores cunha reunión organizativa
- Asalto 2015: O XX Asalto ao Castelo 2015, xa no youtube.
- Asalto 2015: A representación teatral reivindica a singularidade dos 20 anos do Asalto ao Castelo.
- Asalto 2014: Os rollos da Marquesa; gañador dos pinchos irmandiños do Asalto ao Castelo de Vimianzo.
- Asalto 2013: Asalto ao Castelo, a traca final (en vídeo).
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Asalto ao Castelo