Roque encabezará a lista do PP de Vimianzo
Trala presentación do candidato do BNG, e a reafirmación da alcaldesa como candidata do PSOE, e tras confirmar que Raquel Rodríguez non ía ser a candidata do PP , o grupo popular presenta hoxe a José Manuel Rodríguez ‘Roque’ como cabeza de lista do PP de Vimianzo nas municipais do 28 de maio.
O responsable dunha empresa de electricidade de Baíñas foi un dos expulsados do PSOE pola fallida moción de censura de 2014, e posteriormente se unía ás filas do PP en 2018.
Leva así case 20 anos formando parte da corporación municipal, polo que asegura que lle avala a experiencia como alternativa “seria” e “solvente” que “permita poñer fin a un executivo local que non foi capaz de conseguir que o municipio sexa unha referencia a nivel social e económico dentro da comarca”.
Máis novas das eleccións
- Benjamín Queiro presenta a súa candidatura polo BNG vimiancés.
- Unanimidade no PSOE vimiancés para ratificar a Mónica Rodríguez como candidata á reelección.
- Raquel Rodríguez non será a candidata do PP en Vimianzo.
- 2018: Roque únese ás filas do PP de Vimianzo: