Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Raquel Rodríguez non será a candidata do PP en Vimianzo

Raquel Rodríguez nun evento con responsables da Xunta
Raquel Rodríguez non será a candidata do PP en Vimianzo

Raquel Rodríguez no será la candidata da súa formación a la alcaldía de Vimianzo en las eleccións municipais del próximo mes de maio. Así o confirmou onte secretario xeral do Partido Popular na provincia da Coruña, Evaristo Ben, que comunicará nas próximas semanas o nome das persoa encargada de liderar o proxecto,
 
Rodríguez, que liderou a lista popular nas últimas cita coas urnas locais, xa manifestara hai varios meses á dirección popular a súa intención de non concorrer por segunda vez aos comicios municipais. “Hai tempo que sabemos a decisión de Raquel de dar un paso á beira, abandonar a primeira liña da política local e, desde entón, puxémonos ao choio para construír un novo proxecto aquí en Vimianzo”, apuntou Ben, quen afirmou que o traballo realizado por Rodríguez e toda a súa xente non tivo os resultados que se merecía, entre outras cousas, pola situación política, dixo, que no ano 2019 vivía o Partido Popular en clave nacional.

Confirmada a non continuidade de Raquel Rodríguez, o secretario xeral avanzou que a dirección provincial comunicará nas próximas semanas o nome das persoa encargada de liderar un proxecto que, segundo Ben, volverá ilusionar aos veciños que nas eleccións xerais e autonómicas elixen maioritariamente a papeleta do Partido Popular en Vimianzo.

 

Comentarios