Venres. 26.04.2024
El tiempo

Roque encabezará a lista do PP de Vimianzo

ROQUE CANDIDATO PP VIMIANZO
Gonzalo Trenor, Diego Calvo, José Manuel Rodríguez ‘Roque’ e Evaristo Ben na presentación do candidato
Roque encabezará a lista do PP de Vimianzo

Trala presentación do candidato do BNG, e a reafirmación da alcaldesa como candidata do PSOE, e tras confirmar que Raquel Rodríguez non ía ser a candidata do PP , o grupo popular presenta hoxe a José Manuel Rodríguez ‘Roque’ como cabeza de lista do PP de Vimianzo nas municipais do 28 de maio.

O responsable dunha empresa de electricidade de Baíñas foi un dos expulsados do PSOE pola fallida moción de censura de 2014, e posteriormente se unía ás filas do PP en 2018.

Leva así case 20 anos formando parte da corporación municipal, polo que asegura que lle avala a experiencia como alternativa “seria” e “solvente” que “permita poñer fin a un executivo local que non foi capaz de conseguir que o municipio sexa unha referencia a nivel social e económico dentro da comarca”.

Máis novas das eleccións

Comentarios