Venres. 29.03.2024
El tiempo

Roque únese ás filas do PP de Vimianzo

Roque únese ás filas do PP de Vimianzo
pp-vimianzo-eleccions2019 José Manuel Rodríguez, Diego Calvo e Raquel Rodríguez presentaron onte a nova xestora do PP de Vimianzo Días de movementos nas distintas xestoras do PP da Costa da Morte con vistas ás #ElecciónsMunicipais2019. O pasado xoves os populares de Cee presentaban a súa renovada xestora presidida por Ramón Iglesias García. Onte fíxoo o PP de Vimianzo. A sorpresa viña da man de José Manuel Rodríguez - "Roque" - que en palabras de Diego Calvo - presidente provincial dos populares - se une para "poñer os cimentos dun equipo de traballo do que ten saír unha candidatura capaz de lograr a alcaldía de Vimianzo". Raquel Rodríguez Amigo seguirá presidindo esta xunta xestora xunto cos seguintes vogais: Anselmo Castiñeira Caamaño, Beatriz López Cernadas, Jacinto Mouzo Durán, María del Carmen Mouzo Lema, Jhonatan Olveira Pais, Mónica Pazos Pose, Manuel Perez Caamaño, José Perez Rodríguez, Jose Manuel Rodríguez Quintáns, Manuel Rodríguez Romero, Mª Inmaculada Sánchez Trillo, Marisol Santos Rey, Juan Silva Jallas, Santiago Suárez Pose, Mariano Suárez Valiña e José Manuel Rodríguez Blanco. Antes PSdeG e TeGa Roque - natural de Baíñas - foi candidato de TeGa nas eleccións municipais do 2015 e no seu momento encabezou a concellería de Obras durante os últimos anos do goberno socialista de Alejandro Rodríguez. Para o presidente provincial, Diego Calvo, a presenza de Roque no novo equipo dos populares “reforza” a unha formación que, na súa opinión, está agora “máis unida e mellor preparada” para afrontar con plenas garantías os comicios locais que se celebrarán no mes de maio do 2019. “Coa aprobación desta xestora damos un paso adiante en Vimianzo e, sobre todo, poñemos os cimentos do que ten que ser un equipo de traballo do que sairá unha candidatura capaz de alcanzar a alcaldía deste municipio”, asegurou Calvo. Consciente das dificultades que sempre entrañan este tipo de acordos, o presidente provincial quixo agradecer o “compromiso” e a “xenerosidade” de todas as partes implicadas neste proceso. “Aquí aparcáronse os personalismos, as siglas e os intereses de cada un para centrarse no verdadeiramente importante que non é outra cousa que pensar en como solucionar os problemas e as necesidades dos veciños”, dixo Calvo. Aprobada a xestora, o presidente provincial subliñou que agora toca “pisar a rúa e percorrer todas e cada unha das parroquias” porque, na súa opinión, esa é a única receita para convencer aos veciños de que o Partido Popular é o único que conta cun proxecto “serio, solvente e centrado en Vimianzo”. Neste sentido, o popular incidiu en que é “tempo de pasar páxina e de abrir un tempo novo”, e asegurou que os próximos meses serán “fundamentais” nunha carreira na que fixo fincapé na importancia de “ser un equipo unido, próximo á xente e capaz de comunicar ben os nosos proxectos”. “Si conseguimos todo iso, que ninguén dubide de que os resultados en maio do 2019 será moi bos, e de que o Partido Popular poderá gobernar un municipio que, na actualidade, vive secuestrado por un alcalde que goberna en contra de todos aqueles que non son dos seus”, concluíu o presidente popular. Novas relacionadas Fonte

Comentarios