Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Unanimidade no PSOE vimiancés para ratificar a Mónica Rodríguez como candidata á reelección

ASAMBLEA PSOE VImianzo 2023
Unanimidade no PSOE vimiancés para ratificar a Mónica Rodríguez como candidata á reelección

Non houbo sorpresas na Asemblea do PSOE de Vimianzo deste pasado sábado. A actual alcaldesa Mónica Rodríguez contou co apoio unánime da mesma para volver ser a cabeza de lista da formación de cara as eleccións municipais do 28 de maio.

Así, a líder socialista, que rexe a localidade vimiancesa dende o 2019, repite como candidata coa responsabilidade e o desexo de acadar un segundo mandato co que seguir “desenrolando o proxecto socialista para que Vimianzo siga medrando e avanzando cara o éxito”, apuntaban os membros da agrupación.


A candidata socialista Mónica Rodríguez, quixo aproveitar a ocasión para “agradecer enormemente” o apoio recibido por parte de todas e todos as/os militantes socialistas e da veciñanza pola confianza depositada na súa persoa. Tamén subliñou o traballo realizado pola Secretaria Xeral, Paula Mouzo e polos membros da Executiva da Agrupación local e expresou con agarimo a gratitude “polo día a día, polo esforzo e pola gran labor levada a cabo” cara o equipo de goberno que a acompañou durante este mandato.

Na Asemblea estiveron avalando a reelexida líder socialista, membros da Executiva do PSdeG Provincial encabezado polo seu Secretario Xeral, Bernardo Fernández Piñeiro
Tralo remate da xuntanza, o PSOE de Vimianzo celebrou de novo, logo do paro obrigado por mor da pandemia, a Cea anual da Agrupación.

Comentarios