martes. 31.03.2026
El tiempo

Trasladan á Educación a necesidade dunha reforma integral no CEIP San vicenzo de Vimianzo

REUNION CEIP 30 MARZO
Trasladan á Educación a necesidade dunha reforma integral no CEIP San vicenzo de Vimianzo

O Concello de Vimianzo recibiu na xornada de onte a visita institucional do novo xefe territorial de Educación, nun encontro de traballo no CEIP de Vimianzo no que tamén participaron o equipo directivo do centro e representantes da ANPA.

Durante a visita realizouse un percorrido polas instalacións do colexio, co obxectivo de coñecer de primeira man o estado actual do centro e identificar as súas principais necesidades. O encontro permitiu trasladar de forma directa a situación do centro e, especialmente, a necesidade urxente dunha reforma integral das súas instalacións, demanda que o Concello  leva anos demandando ante as administracións competentes.

A xornada desenvolveuse nun ambiente moi positivo e construtivo, favorecendo o diálogo directo entre a administración educativa, o Concello e a comunidade escolar.

Neste sentido, o responsable territorial comprometeuse a analizar as demandas expostas e a ofrecer unha resposta nos vindeiros días.

Comentarios