Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Un vimiancés toma o relevo dun ceense na directiva da Asociación de Actores e Actrices

Un vimiancés toma o relevo dun ceense na directiva da Asociación de Actores e Actrices
O vimiances Vicente de Souza esta na nova directiva da AAAG que presidia ata o mes pasado o ceense Tono Casais-Ambas imaxes das entregas de premios dos Maria Casares

Ata o mes pasado, e dende hai máis dun ano, o presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia era o ceense Toño Casais. Este pasado 22 de setembro, a entidade celebraba a Asemblea Xeral Extraordinaria na que @s soci@s da mesma elixiron unha nova Xunta Directiva. E se ben se deu unha ampla renovación na dirección, si que houbo movementos.

O presidente será un vello coñecido da zona, e da televisión e a escena galega, Avelino González. A vicepresidenta será Victoria Pérez, o secretario Guillermo Carbajo.

Entre os vocais atopamos un veciño da bisbarra, o vimiancés Vicente De Souza, que xa sabe o que é gañar un María Casares. Ademais está acompañado por Álex Carro, Iria Pinheiro, Marián Bañobre, Ricardo De Barreiro e Déborah Vukusic.

Imaxes da Asemblea da AAAG na que vemos aos costeiros de Talia Teatro Tono Casais e Artur Trillo

Do pasado e do futuro

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia vén desenvolvendo unha intensa e continuada actividade desde hai case 30 anos e esta nova Xunta Directiva xa se mergullou na xestión das diversas áreas de traballo trá-las súas reunións internas.

Entre os temas máis inmediatos: abordar a organización da XVIII edición dos Premios de Teatro María Casares 2014, a captación de nov@s asociad@s e continuar coas súas actividades de defensa e promoción dos actores e actrices galegos

.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios