Venres. 04.10.2024
El tiempo

Vimianzo acolle un encontro internacional sobre a Mobilidade Laboral

Vimianzo acolle un encontro internacional sobre a Mobilidade Laboral
Dende hoxe ata o venres, a casa da Cultura de Vimianzo será o epicentro do encontro internacional da Unión Europea que baixo o título "ERN4mob - European Rural Network for Job Mobility" congrega a mozos e mozas procedentes de cinco países da comunidade europea. ERN4mob é un proxecto europeo dirixido á cidadanía do medio rural, cofinanciado polo programa Europa cos Cidadáns 2014-2020 (Medida 2.2: Redes de Cidades), e ten como obxectivo principal conectar as persoas de diferentes países da Unión Europea e de fóra dela que viven conxuntamente nas mesmas comunidades locais para sensibilizar acerca dos seus valores e necesidades comúns, así como para promover o empoderamento das súas diferenzas sociais e multiculturais a través da creación dunha rede de municipios rurais europeos para a mobilidade laboral que traballe a prol da cidadanía para a integración social e laboral, co fin de lograr un crecemento intelixente, sustentable e integrador da Europa rural. O proxecto ERN4mob ten un orzamento total de 127.500,00 euros, cofinanciado nun 100 % polo programa Europa cos Cidadáns. O encontro comeza hoxe, ás 9 horas cunha reunión na que se porá en marcha o proxecto, no que participan unhas 470 persoas. A inaguración oficial do encontro será ás 12:30 horas e intervirán o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, Rosa Sánchez, do concello vimiancés e cada un dos representantes das entidades sociais procedentes dende Polonia, Portugal, Reino Unido, Italia e Eslovaquia. Ademais das distintas xornadas, nas que pode participar todo o público interesado, os participantes terán tempo para desfrutar da gastronomía vimiancesa e de coñecer os lugares máis emblemáticos da Costa da Morte. Durante o encontro interancional abordaranse diversos temas relacionados co mercado laboral internacional da man de ponentes expertos na materia e procedentes de distintos organismos públicos da comunidade. A segunda quedada deste encontro internacional sobre a mobilidade laboral no rural europeo será no mes de maio en Polonia.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios