Mércores. 13.11.2019
El tiempo

Vimianzo, capital galega do megalitismo

Vimianzo, capital galega do megalitismo
Simposio Megalitismo Vimianzo 2016

Este venres comeza o Simposio do Megalitismo da Costa da Morte, que convertirá a Vimianzo na capital da cultura arqueolóxica galega durante toda a fin de semana. E non se desenvolve en Vimianzo por casualidade, xa que como recoñece o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, “Vimianzo é o lugar natural para desenvolver este simposio pois todo o territorio do Concello está sementado de dolmens e mámoas, cunha concentración das máis altas a nivel galego”.
Ata veñen de descubrir, a semana pasada, un novo dolmen sen inventariar… Teñen antas “comarea” polas terras soneirás.

Deste xeito, o Congreso arrincará da man do catedrático da Universidade de Santiago de Compostela Antón Abel Rodríguez Casal, o director científico deste II Simposio, que reunirá en Vimianzo aos maiores especialistas no ámbito. Un Simposio que colle o relevo do desenvolto hai xa 10 anos na zona.

A inauguración levarase a cabo mañá venres as 16:00 h. Nesta primeira xornada Ramón Fábregas Valcarce, da USC, achegaranos ao estado do megalitismo en Galicia hoxe en día.
A continuación Xosé Mª Lema Suárez, presidente do SEMESCOM, analizará as antas da Costa da Morte dentro do seu contexto natural, histórico, artístico e cultural.
O arqueólogo Manuel Lestón explicaranos as actuacións desenvolvidas no domen de Dombate.
Pechará a xornada Mar Llinares García, da USC, que nos falará acerca da mitoloxía popular e os memonumentos megalíticos.

Durante a xornada do sábado continuarán as exposicións académicas e o domingo, pola mañá, as persoas participantes visitarán algúns dos dolmens da Terra de Soneira e haberá un recital poético a cargo de Miro Villar.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios