Vimianzo celebra o Día do libro infantil en clave de ciencia


O Concello de Vimianzo festexa o Día internacional do libro infantil e xuvenil cun espectáculo de animación na Biblioteca municipal dirixido aos nenos e nenas máis pequenos. O mércores día 2 de abril ás 11 horas, os nenos e nenas da Escola Infantil Municipal Os Vimanziños e, ás 12 horas, os alumnos e alumnas de 1º de infantil do Ceip San Vicenzo de Vimianzo, gozarán do espectáculo de animación con Nita “A ciencia é divertida”. Con esta actividade comeza a programación de animación á lectura que cintará con diferentes espectáculos de animación, contacontos, teatro infantil, obradoiros, etc. dirixidos aos alumnos e alumnas dos centros de ensino do concello.
O mes de abril continuará con actividades para os máis pequenos, deste xeito na Semana Santa –luns 14, martes 15 e mércores 16 – haberá Obradoiros de Pascua na Casa da Cultura polas tardes e o martes 15 haberá tamén unha sesión de Contos de Pascua. As persoas interesadas en participar nestes obradoiros deberán inscribirse na Casa da Cultura ata o venres 11 de abril.
Mes da República da Liberdade

Este programa máis literario é perfectamente compatible co dos 5 meses de propostas culturais para os domingos. Un programa que aposta pola programación continua, e que neste mes de abril nos traerá 3 obras relacionadas con temas de liberdade. NNC Teatro traerá a súa “Santa Perpetua” o domingo 6; o Teatro Trus achegará as súas “Cinzas nas mans” o domingo 13; e despois de Semana Santa, o domingo 27, toca sesión de fados revolucionarios.
Novas relacionadas
- 5 meses de cultural para os domingos de Vimianzo.
- Como cho digo: Polo Galego nos Medios de Comunicación.
- Miro Villar fálalles aos nenos de Rosalía no seu novo libro.
- O Nenoserpe viaxa polas pedras do Monte Pindo.
- Unha Semana moi literaria para os pequenos de Dumbría.