Vimianzo celebrará un Entroido ‘terrorificamente divertido’

Vimianzo celebrará neste 2025 un Entroido ‘terrorificamente divertido’ no que repartirá máis de 2.800 euros en premios.

O sábado 1 de marzo a gran festa terá lugar en Vimianzo, mentres que o día 8 será a quenda de Baíñas. Ambos os dous días estarán marcados pola música, a diversión e, por suposto, os tradicionais concursos de disfraces.

En Vimianzo a xornada comezará ás 16:30 horas cun pasarrúas e animación con Rapacollon’s Big Band. Ás 18:00 horas dará comezo o gran concurso de disfraces. Mentres o xurado, composto por representantes de medios de comunicación da Costa da Morte, delibera os resultados o público poderá gozar da actuación musical de Oviravai e o seu espectáculo ‘Paio e o poder da música’. Ás 21:00 horas terá lugar a entrega de premios a cargo da alcaldesa, Mónica Rodríguez, e dos concelleiros e concelleiras.


Máis de 2.800 € en premios

Para ambos os dous concursos establécense premios que ascenden a 2.870 euros distribuídos da seguinte maneira:

  • Comparsas: 1.000 € (1º premio), 500 € (2º premio), 200 € (3º premio).
  • Grupos: 300 € (1º premio), 200 € (2º premio), 100 € (3º premio).
  • Parellas: 100 € (1º premio), 75 € (2º premio), 50 € (3º premio).
  • Infantís individuais: 60 € (1º premio), 40 € (2º premio), 20 € (3º premio).
  • Adultos individuais: 100 € (1º premio), 75 € (2º premio), 50 € (3º premio).

Para inscribirse pasen pola web municipal.

Crónica do entroido vimiancés

Máis citas deste Entroido