![Entroido de Vimianzo-Foto-Rafa Quintans]()
Foto-Rafa Quintáns
Logo de varios anos de chuvia por fin o entroido vimiancés puido lucir de novo na Praza do Concello, unha praza que agardaba ateigada a chegada do desfile, que desde as 5 da tarde percorría as rúas da vila. Unha praza que prometía festa sobre todo aos ollos dos máis pequenos que agardaban expectantes poder inaugurar os inchables mentres non lles tocaba a quenda de participar no concurso.
Unha vez chegado o desfile amenizado pola Charanga Santa Compaña, os Manicómicos, que nos acompañarían ao longo de toda a xornada, facíanse coa praza, comandados por un enorme zancudo que se converteu no rei da festa. O Alcalde, Manuel Antelo, debaixo do sombreiro mexicano, daba a benvida ao Entroido 2017 deixando paso ao mestre de ceremonias, Míchel Antelo, que se facía co micro para animar e dirixir a festa, converténdose na alma da mesma ao longo de toda a xornada cunha actuación maxistral. O xurado, formado por Ali Camiño, de Radio Nordés, e Fran Rodríguez, de RadioVoz, subía ao escenario disposto a valorar o concurso de disfraces. Catro premios na categoría individual ou parella infantil, tres para o adultos, catro premios para os grupos, tres para as comparsas de máis de 20 compoñentes.
![Xurado do Entroido de Vimianzo-Foto-Rafa Quintans]()
Xurado do Entroido de Vimianzo-Foto-Rafa Quintans
Abría o concurso na categoría infantil un dúo formado por Lucía e Lara, que fieron un playback con coreografía incluída, desde Freddy Mercury a Pili Pampín rematando cos protagonistas de Grease gañando o público e ao xurado vimiancés, seguiunos unha moi lograda guitarra española, a simpatiquísima Rosita de Canta e unah velliña moi especial.
A seguinte quenda, os adultos, comezou con Maruxiña co bebé ao lombo, unha fermosa noiva gótica e un impresionante traxe de espellos.
Quenda dos grupos inaugurada polos superheroes de Geriatros Vimianzo, coma se o Comando G aterrara na praza do Concello ao ritmo de música popular galega; catro patinadoras fixeron unha fermosa exhibición do circo dos pallasos facendo gala das súas habilidades artísiticas; a continuación diferentes personaxes lendarios fixéronse co público e pecharon a categoría o Serghas de Baíñas que fixeron unha simpática sátira da situación da sanidade pública, con parto incluído.
![-Foto-Rafa Quintans 2]()
Foto-Rafa Quintáns
O momento máis agardado, as actuacións das comparsas, cinco aspirantes a tres premios. Comezaron os máis pequenos, o alumnado das escolas unitarias de Castromil, Carnés e Carantoña que se xuntaron para realizar a fotosíntese, enchendo de cor o escenario disfrazados de prantas, regadeiras e abellas. E da naturaza ao deporte rei, coa comparsa Futbolistas de Baíñas que disputaron un partido moi polémico con animadoras incluídas. E dun deporte noutro, os seguintes foron os integrantes da comparsa do Club Tiro con arco 2x70 de Vimianzo covertidos en protagonistas de Robbin Hood. O deporte deu paso á repostería da comparsa Non ta o forno pa bolos, cos chefs tortas e cup cakes da Asociación Trubisquiña; e finalmente unha mostra de marcas comercias de toda a vida apoderáronse da praza do concello coa Comparsa Os gitanos van ao super.
O xurado deliberou e deu o seguinte veredicto:
![Rafa Quintans tamen estivo no Entroido de Vimianzo]()
Rafa Quintáns tamén gañou o premio individual no Entroido de Vimianzo co seu espello
Categoría individual/parellas infantís:
1º premio: “Ahora cho digo” 2º premio: a guitarra
3º premio: Rosiña de Canta
4º premio: velliña
Categoría individual/parella adultos:
1º premio: espellismo
2º premio: noiva gótica
3º premio: maruxiña e o bebé
Categoría grupos:
1º premio: Seghas Baíñas
2º premio: Liga de lendas
3º premio: O show das patinadoras
4º premio: Geriatros Vimianzo
Categoría comparsas:
1º premio: Non ta o forno pa bolos
2º premio: Futbolistas de Baíñas
3º premio: Os gitanos van ao súper
Accésit: Fotosíntese das escolas unitarias
Accésit: Club Tiro con Arco 2x70
![Regalando chuches no Entroido de Vimianzo-Foto_Rafa Quintans]()
Regalando chuches-Foto_Rafa Quintans
Obradoiro masterchef
![Ana Oca e Raul Gonez dando un obradoiro en Vimianzo]()
Ana Oca e Raúl Góñez dando un obradoiro en Vimianzo
A concursante de MasterchefJunior 2, a ceense Ana Oca desenvolveu hoxe pola tarde un Obradoiro de repostería para nenos acompañada do chef Raúl Gómez. Un total de 50 nenas e nenos achegaáronse até a Casa da Cultura para elaborar filloas, rosquiñas e orellas, os doces máis típicos do Entroido da Costa da Morte. Ao rematar a elaboración as cativas e cativos merendaron as súas elaboracións acompañadas de chocolate.
Máis entroido en Baíñas
A vindeira cita será o sábado 4 de marzo en Baíñas que poñerá o broche final ao entroido vimiancés, cunha festa de disfraces no pavillón polideportivo con degustación de grelos e filloas. A cita a partir das 21 horas.
Novas relacionadas
Fonte