Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Un desfile, militar, tomou o Entroido de Vimianzo

Un desfile, militar, tomou o Entroido de Vimianzo
Entroido-Vimianzo-2013-Desfile-das-Danzatecas

Completo o Entroido de Vimianzo neste luna de Entroido, no que a pesar de que a meriende parte dos establecimientos estaban abertos, o pavillón vivíu una xornada moi especial. I é que malia que o desfile, e nunca mellor dito, se puido realizar polas rúas vimiancesas, houbo que botar unha carreira ante os continuos chaparróns que quixeron empañar a festa soneirá, xa que particiou non só xente de Vimianzo, senón tamén de Muxía e Camariñas.

Pero non puideron, e o público, que lamentablemente non baixaba disfrazado como ben sendo habitual nos entroidos costeiros nos que só os participantes se disfrazan, quedaron tesos co desfile. Desfile con todas as letras de MILITAR!! Non é a temática que máis nos gusta, pero a verdade é que impresionou ver un exército enteiro tomando as rúas, e máis cando vimos sobrevoar o tremendo de caza das Danzatecas polo ceo vimiancés.
Impactou tamén o exército de paxaron enfadados, máis coñecidos como "Angry Birds" (un tan tonto como coñecido mundialmente xogo de aparellos electrónicos) bailando sen parar, cuns difraces moi traballados.

Pero a chuvia avisou, e todos correndo para o pavillón, onde non cabía o avión das Danzatecas.

Entroido-Vimianzo-2013-Angry-Birds-2 Entroido-Vimianzo-2013-Ambiente-no-pavillon

Unha de concursos

Entroido-Vimianzo-2013-Geriatros

Se o entroido xa comezara a golpe de domingo co Baile dos maiores, estes non se quixeron perder a gran festa e un grupo de Geriatros quixo lucir disfraz no pavillón cun enorme sentido do humor. As caras deses maiores falaban por si soas.
E dos máis maiores aos máis pequenos, pois os concursos individuais foron moi chamativos. Un tremendamente orixinal globo aerostático levou o primeiro premio, por diante tamén dunha ovella espectacular. O terceiro premio recaeu nunha inxenua carapuchiña vermella con trenzas máis rica… En adultos, tamén galou Iván, con outro globo pero que máis parecía unha taberna hawaiana.

Entroido-Vimianzo-2013-Globo-primeiro-premio-individual  Entroido-Vimianzo-2013-A-ovellina-ganou-o-segundo-premio-individual

Entre os Grupos, cómpre destacar o número que montaron os da "Vimianzo GP". Unha carreira completa botaron nun improvisado circuito, con saída baixo sombrillas, caídas, boxes, emerxencias médicas, vitoria, podio, copa… Fantástica idea e posta en escena que lles valeu o primeiro premio.
O premio local leváronno unhas rapaciñas moi valientes, que de feito foron as únicas que inventaron unha comparsa, algo que parece obrigatorio no entroido pero que pouco a pouco estase esquecendo. As Colombianas do Café trouxeron algo de picante ao entroido vimiancés.

Entroido-Vimianzo-2013-VImianzo-GP Entroido-Vimianzo-2013-Colombianas-do-Cafe

E botouse de menos aos Ghañán Style, que por motivos laborais non puideron facer entroido. Pero estiveron presentes e foi precisamente a marea de Angry Birds os que se marcaron unha coreaografía fantástica a golpe de Gangnam Style xa no Concurso de Comparsas. Quedaron como campionas locals do premio de Comparsas.

Pero parecía que o primeiro premio das comparsas tiña nome, i é que o traballo da xente das Danzatecas ten moitos meses. Ese caza, e eses pasos de desfile tan ben traballados polas rapazas do Aerobic e mais pola xente da Trubisquiña. Ben merecidas tiñan este premio!

Entroido-Vimianzo-2013-Caza-das-Danzatecas Entroido-Vimianzo-2013-Angry-Birds-3

A todo esto, cómpre destacar o labor dos organizadores, dende o Concello de Vimianzo, cun Lusiano que parece animador profesional, un Víctor Santos atento a todo, e un equipo completo pendente de que a festa non decaia. E ollo co xurado, que este ano tivo caras novas. Ademais dos Ubaldo Cerqueiro de QPC e José Manuel Ramos do Correo, estreáronse Mar Varela de RadioVoz e un veciño da zona, Manolo Rial, do Compás.

Entroido-Vimianzo-2013-Xurado

Novas relacionadas

Entroidos da Costa

Fonte

Comentarios