Venres. 03.05.2024
El tiempo

Vimianzo celebrará o X Día da Bicicleta o vindeiro 27 de agosto

Día da Bicicleta Vimianzo
Imaxe do ano pasado do Día da Bicicleta Vimianzo
Vimianzo celebrará o X Día da Bicicleta o vindeiro 27 de agosto

Vimianzo celebrará o vindeiro domingo 27 de agosto o X Día da Bicicleta, para o que xa están abertas as inscricións. O obxectivo prioritario desta é fomentar a actividade deportiva saudable para a veciñanza, así como colaborar á difusión da importancia do emprego dun medio de transporte sostible, a bicicleta.

A ruta transcorrerá polo Val de Vimianzo e haberá unha xincana de habilidade ao remate da mesma e a saída será ás 11:00 horas, con punto de concentración a praza do Concello ás 10:30 horas. Terá un percorrido de 11 quilómetros.

Poderán formalizarse a través do enderezo electrónico que facilita a Administración local no seu sitio web e canles de redes sociais. Poderán facerse ata o 25 de agosto.

Comentarios