Vimianzo prepara a décimo terceira edición do Xantar con máis de 1.100 maiores
O vindeiro sábado, día 26 de abril, o pavillón municipal de Vimianzo acollerá o XIII edición do Xantar dos Nosos Maiores, unha cita á que o ano pasado acodiron 1.200 persoas, e da que disfrutarán máis de 1100 maiores este ano. Son os maiores de 60 anos das catorce parroquias do Concello vimiancés que participarán unha vex máis de xeito gratuíto.
Este xantar é un dos eventos máis agardados pola xente de máis idade do concello, un día de festa na que comparten unha xornada de encontros veciñais, de conversa, xantar e diversión, ... A partir da unha do mediodía abriranse as portas do pavillón que se irá enchendo completamente de xente e de música, pois desde esa mesma hora comezarán as diferentes actuacións musicais de gaiteiros, regueifeiros, cantantes locais, charanga, etc que se desenvolverán antes de empezar o xantar e ao rematar o mesmo ata que o corpo aguante.
Mais o xantar non só é unha cita para o xantar, senón que é unha axuda para o comcercio local, xa que preto de 40 negocios locais se encargan de subministrar todo o necesario para a organización do xantar. Un xantar que non se podería levar a cabo sen a colaboración do persoal voluntario que traballa desinteresadamente para que todo vaia sobre rodas. Máis de 70 persoas entre as que se atopan traballadores municipais e persoas que a título persoal se ofrecen a axudar para que os nosos maiores poidan gozar dunha festa ben merecida.
Novas relacionadas
- Vimianzo celebrou un completo Xantar para 1.200 maiores.
- 2012: Cada comarca da Costa da Morte perde un centenar de persoas ao ano.
- A Costa da Morte terá en 10 anos 213 maiores de 65 anos por cada menor de 20.
- Continúa a sangría poboacional en Fisterra.
- O 65% das 9.000 empresas da Costa son do sector Servizos.
- Manuel Lema, o nome e o apelido máis frecuente na Costa da Morte.
- 815€ ao mes de media por un traballo na Costa da Morte.
- Un cuarto da poboación da Costa da Morte vive fóra.
- Cando naceu o nome da Costa da Morte.
- A canto sae un ferrado na Costa da Morte?.
- O 95% dos adolescentes engánchanse á internet.
- O Prouxiarado: Fusión de concellos e comarcalización: A pescada que morde a cola.