Vimianzo vai estrear a sempre necesaria RPT
Parece algo evidente pero non o é. Moi poucos son os concellos que teñen contabilizados e analizados os seus postos de traballo, e de feito, que sexa noticia a elaboración da famosa RPT (Relación de postos de traballo), dá conta da situación. Falamos do documento que serve para coñecer e xestionar mellor o persoal laboral dunha entidade pública, facendo público tanto o número de traballadores cos que conta un concello como as súas retribucións (o sempre importante gasto en persoal).
Pola zona concellos como Cee, Carnota, Carballo ou Ponteceso si que o teñen aprobado. Neste caso tócalle a Vimianzo, que en breve vai aprobar proximamente a devandita RPT.
Tras un ano de negociacións entre Concello e Sindicatos, o pasado día 9 de maio o Concello presentaba a proposta ao conxunto das traballadoras e traballadores e o día 12 do mesmo mes constituiuse a Mesa negociadora na que participaron os sindicatos CCOO e CSIF. E este pasado venres tivo lugar a última reunión, na que se aprobou o documento definitivo co voto favorábel de CCOO e a abstención do CSIF.
O documento da RPT coa proposta definitiva xa se pode consultar no web municipal.
Novas relacionadas
- Domingo Guerra: Gasto de persoal.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).