Xoves. 12.12.2019
El tiempo

A IV Foliada do Río Grande demostrou que Soneira ten canteira tradicional

Canteira da Foliada do Rio Grande de Vimianzo
Canteira da Foliada do Rio Grande de Vimianzo
A IV Foliada do Río Grande demostrou que Soneira ten canteira tradicional

Na tarde deste domingo, tivo lugar na Casa da Cultura de Vimianzo a IV Foliada do Río Grande, impulsada e organizada polas asociacións Neira Marcos de Salto e Airiños do Río Grande.

O fin era gozar do baile galego e visibilizar o traballo de moitas persoas que se esforzan en mantelo vivo e en crear espectáculos cheos de identidade.

Como [email protected] de honra estiveron o grupo Mar Devalado de Camelle e á Asociación Cultural Breogán de Brens. Ademais, púidose comprobar que hai canteira  nesto da música e o baile, e todo o mundo se emocionou coa naturalidade de [email protected] de Salto  rapaces e rapazas que parecen levar a xota e a muiñeira no ADN.

Esta foliada é tamén unha homenaxe a todo o colectivo que fai posible que os grupos Foliada de Salto e Airiños do Río Grande existan. En primeiro lugar, dende as persoas que bailan e ás súas familias ata, Iván Villar, o seu mestre. El ensina, pero tamén anima e loita pola mellora continua e a excelencia.

O auditorio da Casa da Cultura confire un escenario que realza toda a arte e saber facer dos grupos participantes, para este evento que xa conta con 4 anos gracias á axuda municipal.

Foliada do Rio Grande de vimianzo-Foto-Paula Mouzo

Comentarios