Martes. 15.10.2024
El tiempo

Xurxo Martiño demostra o potencial artístico vimiancés na casa

Xurxo Martiño demostra o potencial artístico vimiancés na casa

Continúan os artistas de Vimianzo sendo profetas na súa terra. Trala exposición de Antón Mouzo, a Casa da Cultura da capital soneirá acolle as obras do pintor vimiancés Xurxo Martiño.

Esta pasada fin de semana tivo lugar o acto de inauguración, na que ademais do pintor de Caxadas, na parroquia de Cambeda, estivo acompañado do poeta fisterrán Alexandre Nerium, o historiador e presidente da SEMESCOM Xosé María Lema Suárez e mais o alcalde, Manuel Antelo.

A exposición, "Retrospectiva Introspectiva" recolle moitas cousas da súa infancia que tanto o marcou, como a historia do seu irmán Jorge, finado antes de nacer e ao que o propio artista adica o seu nome artístico, "Xurxo Martiño". I é que o seu nome completo é o de Martín Costa Pérez, que combinou co do seu irmán para manter publicamente o de "Xurxo Martiño".

A exposición permanecerá aberta ata o día 31 de marzo no horario de apertura habitual da Casa da Cultura (de luns a venres de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas; os sábados de 10 a 13 horas).

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Vimianzo.

Comentarios