Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A XVI Xuntanza Palilleira de Vimianzo será o 18 de novembro

Vimianzo Xuntanza Palilleira (1)
Imaxe da xuntanza do ano pasado
A XVI Xuntanza Palilleira de Vimianzo será o 18 de novembro

O Concello de Vimianzo convoca xa para o vindeiro 18 de novembro a XVI Xuntanza Palilleira, que se celebrará no pavillón polideportivo en horario de 10:30 a 19:30 horas, coa chegada de máis de medio millón de artesás procedentes de toda Galicia.

Organizada pola Asociación de Palilleiras “As Nemanquiñas”, coa colaboración do Concello de Vimianzo e a Deputación da Coruña, terá como data límite de inscrición catro días antes da celebración do evento, o 14 de novembro de 2023.
Para elo, pódese enviar mensaxe de WhatsApp aos números de teléfono 678 46 05 43 e 657 33 25 84 ou enviar un correo electrónico ao enderezo [email protected].

Comentarios