Xoves. 18.04.2024
El tiempo

150 inscrit@s para a xornada de economía circular arredor do liño

xornada-lino-torres
150 inscrit@s para a xornada de economía circular arredor do liño

Máis de 150 persoas xa están inscritas na xornada “O liño. Economía Circular” que se celebran este sábado nas Torres do Allo e que están organizadas polo Concello de Zas coa colaboración da Asociación Amigos do Liño. A xornalista Mónica Martínez será a encargada de presentar as xornadas que forman parte do programa cultural posto en marcha pola área de Cultura do Concello de Zas para estes meses de verán.
Estas xornadas están abertas a toda a veciñanza e para asistir deben de anotarse previamente en calquera destes números de teléfono: 981 718 056 ou 981 751 398.

Programa

  • 19:00 horas: Recepción de asistentes e demostración en vivo sobre o proceso de elaboración do liño: tascado, rastrelado, fiado, ensarillado e debando
  • 19:30 horas: Conferencias:
    - Liño: artesanía, identidade e economía circular. Rosa María Sánchez
    - O futuro na volta ás orixes: Jorge Mira
    - O liño na Costa da Morte como elemento de cohesión social e cultural. Ricardo García Mira
    - O liño tradicionalmente contemporáneo. Xosé Regueira, Vicepresidente da Deputación da Coruña
  • 20:30 horas: Desfile con 27 modelos da comarca e na que se presentará unha colección e roupa de liño con cores e flores acorde á contorna
  • 21:00 horas: Concerto de Antía Muíño
  • 21:30 horas: Sorteo dun mantel de liño e dun paquete composto de bolso e bufanda combinados
  • 21:35 horas: Degustación de troita rebozada, bocadiños de bacallau, empanadillas, tortilla, pan de liño, papas de arroz e bebidas varias

Exposición de traballos feitos con trapos, fíos de lá e fíos de liño reciclados

Comentarios