Domingo. 05.05.2024
El tiempo

A Asociación Pepe Valiña presenta un libro nunha homenaxe ao seu fundador

A Asociación Pepe Valiña presenta un libro nunha homenaxe ao seu fundador
A Asociación músico-cultural Pepe Valiña de Baio, presentará na noite de hoxe xoves, 4 de agosto, o libro póstumo do seu presidente e fundador, José Rojo Valiña baixo o título Sabías que…? Baio… e algo máis. Será ás 21:30h en Casa Ovidio, en Baio. No acto intervirán o historiador Xosé María Lema, a filóloga Marta Rey, o profesor de filosofía e presidente da asociación, Antonio Díaz Amor, e o alcalde do Concello de Zas, Manuel Muíño. O libro é unha ollada persoal á historia do Baio dos últimos tempos no que Pepe Valiña fala dos oficios, da feira, da escola, dos inicios do fútbol, da historia da polifonía local, ou da Festa da Carballeira. José Rojo Valiña naceu en Baio en 1943 e faleceu no ano 2004. Foi un auténtico dinamizador da cultura do seu pobo organizando e participando en todas as asociacións locais. Escritor, debuxante, poeta, escultor,... home polifacético onde os haxa deixou unha profunda pegada na súa vila. A súa última iniciativa foi a creación da Coral polifónica Xan Mella xunto á profesora Tatiana Pankrátova.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Asociación Músico - cultural Pepe Valiña de Baio.

Comentarios