Venres. 19.04.2024
El tiempo

A diversión e a solidaridade únense na foliada organizada polo IES de Baio

A diversión e a solidaridade únense na foliada organizada polo IES de Baio
O pasado sábado Baio bateu record de solidaridade e fixérono grazas aos alumnos e alumnas dunha innovadora asignatura que se imparte no IES Maximino Romero de Lema. En total, recadaron 850€ que doaron a Médicos Sen Fronteiras; organización que presta asistencia ao pobo Sirio. Esta foi a primeira parte do traballo dos estudantes de "Artes escénicas e Xestión Cultural" que imparte Manolo Maseda, director do centro educativo baiés. A segunda parte, consistiu en organizar - en pouco máis de seis semanas - unha foliada de primeiro nivel. Sendo testigos da que alí se montou, os alumnos e alumnas superaron sen dificultade o "sobresaínte". Ademais da experiencia como presentadores, relacións públicas, persoal técnico,... subiron ao esceario do auditorio de Baio a "Taghaitaí" (grupo no que Manolo Maseda toca o seu inseparable acordeón), aos composteláns "Do Fondo do Peto" e a "Taín", que se estreou xogando na casa e que son os que aparecen no video que encabeza este post. As pandereteiras de Baio acompañáronos en dúas das súas pezas. O grupo de Manolo Maseda, Taghaitaí, abriu o cartel da I Foliada Solidaria O grupo de Manolo Maseda, Taghaitaí, abriu o cartel da I Foliada Solidaria   Os integrantes Do Fondo do Peto animaron coas súas cancións máis tradicionais Os integrantes Do Fondo do Peto animaron coas súas cancións máis tradicionais   Antía Ameixeiras, Martín e Olalla forman o grupo Taín Antía Ameixeiras, Martín e Olalla forman o grupo Taín que debutou o pasado sábado en Baio Os hits da música tradicional galega, loxicamente, non faltaron. Os equipos de son e de ilumnación Madouma Sonido xeraron unha atmósfera máxica para cantar e bailar con eles. O Monte Viso ou San Adrían de Cobres fixeron levantarse da silla a máis dun dos asistentes. E Xurxo Souto, o mítico cantante dos Diplomáticos de Montealto, encargouse arrancar os aplausos ao público asistente coas súa presentación. Ademais da foliada, proxectouse o documental "Quiero irme a casa" de Cristina Antuña e a peza de de microteatro “Awlad: Infancia e Guerra” de Nadia Hariri  e Lía Pichel. Nadia, de pai Sirio e nai vimiancesa, explicou brevemente a situación que se vive en Siria e falou da cultura do pobo, mesmo cantou unha das cancións máis populares de alí. Xurxo Souto e Nadia Hariri durante a I Foliada Solidaria de Baio Xurxo Souto e Nadia Hariri durante a I Foliada Solidaria de Baio E se nesta I Foliada Solidaria alguén merece un punto negativo é o público, xa que non todos os que demostraron a súa empatía co pobo Sirio foron partícipes da festa que os rapaces organizaron. Fonte Novas relacionadas

Comentarios