Este sábado arrinca a VIII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose

Este sábado, día 26, arranca a VIII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose, organizada polo Concello de Zas coa colaboración da Deputación da Coruña e do grupo de teatro Badius.
“Quenchedera Teatro”, formado por un grupo de amigas de Muros, será a primeira compañía que se suba ao escenario. Traerannos a súa obra “Perdón que che chapuse”; unha comedia de 45 minutos de duración dirixida a maiores de 13 anos. A función
comeza ás 21:00 horas e será no Auditorio de Zas.
“Este ano batemos marca de solicitudes, con 33 obras de teatro de toda a comunidade. Este é un dato que se traduce en que o teatro afeccionado segue moi vivo e que esta Mostra de Teatro xa está consolidada como un referente cultural”, destaca o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, que esta mañá presentou o cartel da VIII Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose.
As representacións continuarán durante o mes de maio, sempre as nove da noite, e repartiranse entre o Auditorio de Zas e o Auditorio de Baio. Estas son as demáis obras finalistas:
- 3 de maio: “Camiños e carreiros”, de Andaravía Teatro (Vedra). Unha comedia para todos os públicos. As 21:00 horas no Auditorio de Zas.
- 10 de maio: “Segredos de familia e licor café” de Martabelas Teatro (Teo). Comedia para todos os públicos que será ás 21:00 horas no Auditorio de Baio.
- 17 de maio: “Pan con chocolate”, do ColecXvo Cultural Olloamao (Barreiros). Unha comedia para todos os públicos que se representará a partr das 21:00 horas no Auditorio de Zas.
- 24 de maio: “Heroínas coXás”, de Muiñeiras do Vento (Ferrol). Un drama para todos os públicos. 21:00 horas no Auditorio de Baio.
Entrega de premios
Unha vez representadas todas obras teremos que agardar ata o 31 de maio para coñecer o reparto de premios, que este ano ascende a un total de 4.400 euros, nun acto que terá lugar a parti das 18:00 horas no Auditorio de Baio e no que tamén actuarán os membros da Escola Municipal de Teatro do Concello de Zas.