![Veteranos do Sporting Zas e do Soneira en San Andres coa Plataforma Zas sen recortes]()
Veteranos do Sporting Zas e do Soneira en San Andres coa Plataforma Zas sen recortes
Como fixeran
a semana pasada no campo Platas Reinoso de Baio, este domingo tocou no campo Municipal San Andrés saín coa pancarta en apoio a loita da Plataforma Zas sen recortes en pediatría. Os Veteranos de Zas e de Soneira pola mañá e o Sporting Zas e Buño CD, pola tarde sacaron as pancartas que demostra que toda a sociedade está implicada.
![Sporting Zas coa Plataforma Zas sen Pediatras]()
Buño SCD Sporting Zas coa Plataforma Zas sen Pediatras
Unha loita que ademais salta á rede, coa apertura cunha
petición a través da plataforma Change.org para esixir un servizo público de calidade.
Reunión para todos os afectados
Así mesmo, desde a Plataforma invitan a toda a veciñanza a participar na xuntanza deste venres día 9 ás 21.30 no local sociocultural de Zas, coa intención de involucrar a todo o mundo na formulación de novas ideas para continuar a loita.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/o-futbol-da-costa-ponse-reivindicativo/
https://quepasanacosta.gal/queremos-pensar-que-se-conseguimos-recuperar-o-pediatra-en-zas-estamos-axudando-a-outros-lugares-que-tenan-o-mesmo-problema/
https://quepasanacosta.gal/zas-sae-a-rua-por-unha-sanidade-publica-digna/
https://quepasanacosta.gal/a-falta-de-pediatras-o-insan-costume-do-sistema-sanitario-galego/