Venres. 19.04.2024
El tiempo

A milla de ouro dos tiradores de cervexa de Galicia está na Costa da Morte

A milla de ouro dos tiradores de cervexa de Galicia está na Costa da Morte
O xalleiro Fran Barreiro ira ao Campionato Nacional de Tiradores de Cervexa O xalleiro Fran Barreiro irá ao Campionato Nacional de Tiradores de Cervexa Alberto Fuentes Coctelero de Zas Alberto Fuentes, Coctelero de Zas, xa foi campion de tiradores o ano pasado

En apenas 8 kilómetros, os que separan o Bar Tívoli (en Zas) do Tío Paco (nas Travesas-Santa Comba), atopamos dous dos mellores tiradores de cervexa de toda Galicia. Poderíamos dicir así que a milla de ouro dos Beermaster de Galicia está entre a comarca de Soneira e a de Terra do Xallas.

Dicímolo porque se o ano pasado o Campión BeerMaster 2015 foi o zaense Alberto Fuentes, este ano, un xalleiro, Francisco Barreiro, vén de recibir un dos accesits no Campionato Galego de Beermaster que lle permitará ademais estar no Campionato de España de Tiradores de Cervexa que terá lugar no Salón de Gourmets de Madrid o vindeiro 5 de abril.

Fran Barreiro participaba este pasado mércores no Beermaster Session celebrado no Hostal dos Reis Católicos de Santiago. Ao acto, organizado por Estrella Galicia, acodían personalidades como Lucas Pérez e Iago Aspas, para quentar, sanamente, o derbi. Sobre un total de 40 aspirantes, o campión foi Gustavo Rey, da Cervexería Encontro de Ribadumia, que colle o relevo do cocteleiro zaense. Iñaki Rivas, da Taberna do Labrego en Vilalba quedaba subcampión e Fran Barrreiro acada un dos mellores accesits, todo un recoñecemento á súa arte ca escuma, demostrando así a profesionalidade dos nosos camareiros.
Barreiro recibiu ademais o seu peso en cervexa e un premio de 150€.

Longa tradición cocteleira

Alberto Fuentes segue viva unha forte tradición cocteleira pola zona. Xa nos anos 70 un carnotán facíalle os cocteles a Andy Warhol, un Pepe Tajes que hoxe os prepara na noite xalleira. Carnota é terra de sumilleres, e así o corrobora o 3º premio Concurso de Gin Tonic celebrado no marco do Campionato Nacional de Barman para Pedro Sestayo.

O sumiller xalleiro Aurelio Vazquez foi Nariz de Ouro en 2011 O sumiller xalleiro Aurelio Vázquez foi Nariz de Ouro en 2011

E volven a terras xalleiras, podemos falar tamén do propio Aurelio Vázquez Fachal, de Casa Aurelio, coñecido sumiller que en 2011 conseguía o título da Nariz de Ouro do Noroeste Peninsular. Aurelio colle o relevo de Pilucha de Fachal, unha lenda da Gastronomía de Galicia, que fixo que o restaurante acadase numerosos premios.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios