Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Mostra de Teatro Afeccionado de Zas xa ten finalistas e reservas

A Mostra de Teatro Afeccionado de Zas xa ten finalistas e reservas
Pincharcaneiro Teatro de Noia estaran na Mostra de Zas Pincharcaneiro Teatro de Noia estarán na Mostra de Zas

Foron dezaoito as obras presentadas á II Mostra de Teatro Afeccionado Concello de Zas 2017. E unha vez reunido o xurado, xa sabemos cales son as finalistas. As razóns máis importantes polas que se decidiu seleccionar as obras finalistas son a lingua, a súa adaptabilidade aos auditorios do Concello de Zas, e a duración das obras e calidade artística.

Así, os vindeiros sábados 22 e 29 de abril e 6, 13 e 20 de maio, serán exhibidas nos auditorios municipais de Baio e Zas, os seguintes espectáculos:

Finalistas:

  • PINCHACARNEIRO TEATRO (NOIA): “L”.
  • A.C. PAPAVENTOS – ANDARAVÍA TEATRO (VEDRA): “República de Gundián”.
  • ASOC. TEENSES POLA IGUALDADE – MARTABELAS (TEO): “Dez baixo cero”.
  • AGRUPACIÓN TEATRAL MARIÑÁN (BETANZOS): “O de menos é o nome”.
  • ASOCIACIÓN CULTURAL ALENDE – O CATRE TEATRO (AS PONTES): “O medo meu”.
 

Reservas:

  • ARTIAS TEATRO (TEO): “Desast-Rosas”.
  • ASOCIACIÓN TEATRAL FAUNA 113 (VIGO): “Deus, unha comedia”.
  • HIPÓCRITA TEATRO (LUGO): “Menestra de testosterona.
  Novas relacionadas Fonte

Comentarios